Noso logo

Logo Alantre

Este é o logo do PROXECTO ALANTRE, reflexo dunha forma de facer política que mira cara ó futuro con optimismo, e que se basea en construír o presente buscando o encontro e a cooperación entre iguais. 

O taraxacum lacianense é a flor simbolizada, que non é outra cousa que un dente de León autóctono da nosa terra. A súa cor amarela é símbolo de ilusión e cambio. A ilusión que aos poucos se irá esparexendo ao longo e ancho da nosa terra, e quen sabe se máis aló. Un aire fresco desde o progreso cara unha sociedade máis xusta, consciente e respectuosa co seu patrimonio natural. 

A palabra “Alantre” reflicte o noso desexo de avanzar sen esquecer a riqueza do noso patrimonio cultural. Por este motivo, elixiuse un termo dunha lingua propia que actualmente se atopa en serio risco de extinción: a lingua asturleonesa. Pero no País Llionés conviven varias linguas, é por iso polo que, xunto a este termo, tamén nos recoñecemos na palabra castelá “Avance” e na galega “Adiante”. A palabra “Proxecto” consiste no conxunto de obxectivos que se atopan interrelacionados e coordinados, significa que é unha institución inacabada, que debe estar en continuo cambio e transformación, avanzar coa sociedade. 

Tampouco a forma das letras é casual, sendo a forma da “A” un recordo aos afiados cumes das nosas montañas, que maxestosos delimitan as fronteiras da nosa terra e que xunto co amarelo únese aos nosos fértiles campos. 

En resumo, somos os fillos que se van e os pais que quedan coidando aos seus maiores. Somos os que aínda estamos, os que resistimos, os que non cedemos a este desafiuzamento programado da nosa terra. ALANTRE, non é outra cousa que un espazo creado para empoderar a nosa terra, e facer posible unha transformación social en igualdade, xustiza e respecto. 

Súbete a luchar por nuestr@s paisan@s